Inicio Carballo ao día Hemeroteca Resoltos 15 informes de infracción sobre a...

CARBALLO LIMPO

Resoltos 15 informes de infracción sobre a limpeza de solares

Martes 8 de agosto do 2006

Previo a estas accións realizaronse dous envios masivos de notificacións a todos os propietarios de solares para que procedesen á súa limpeza, cun importante éxito de aceptación por parte de moitos deles. As accións que está a tomar nestres intres o Concello son sobre aqueles propietarios que non colaboraron no seu día.

Incendios

O Concello de Carballo quere facer un chamamento á cidadanía para que manteña os solares limpos, ante a preocupación de que se poda xerar lume por mor do seu mal estado. O Concello incide na necesidade de cumplir a normativa vixente, sobre todo nos solares próximos a núcleos de vivendas, e prever así posibles incendios no municipio.

Compartir: