Inicio Carballo ao día Avisos Información pública sobre o...

Información pública sobre o proxecto de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental da liña de alta tensión Campelo-Mesón

Mércores 2 de setembro do 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 173, da data 27/08/2020, publica o acordo do 19 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 220 kV Campelo-Mesón (segundo modificado), nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (expediente IN408A 2018/14).

Municipios afectados: Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña).
Orzamento: 10.156.357,69 €.
Obxecto: Co fin de evacuar a enerxía xerada polos parques eólicos proxectados de Campelo (IN661A 2011/16), Bustelo (IN408A 2017/002) e Monte Toural (IN408A 2017/017), proxéctase unha liña de alta tensión de 220 kV con inicio na subestación do parque eólico de Campelo proxectada (IN661A 2011/16) e final na subestación de transporte existente de Mesón do Vento.

Descargas

Compartir: