Inicio Carballo ao día Hemeroteca Vivenda adxudica o plan de urbanización da...

POLÍGONO

Vivenda adxudica o plan de urbanización da segunda fase do polígono industrial de Bértoa

Martes 8 de agosto do 2006

A Consellería de Vivenda e Solo estima que os traballos previos á realización das obras podan estar rematados a mediados de 2007. A segunda fase do polígono industrial de Bértoa conta cunha superficie total de 550.000 metros cadrados, divididos en dúas áreas de 430.000 y 120.000 metros cadrados.

Primeira fase

En relación á primeira fase, a Consellería de Vivenda e Solo ven de informar que o departamento autonómico está á espera da aprobación definitiva do proxecto sectorial por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, necesario para que podan comezar as obras de urbanización. Ainda así, a previsión é a de que os traballos comecen este mesmo ano.

Compartir: