Inicio Carballo ao día Hemeroteca O feirón de agosto chega acompañado...

BEROCASIÓN E MERCAeDILLO

O feirón de agosto chega acompañado doutras dúas importantes citas comerciais ás que non podes faltar

Participantes na Feira do Vehículo de Ocasión que organiza a Concellaría de Promoción Económica quentan motores cun avance da exposición na Praza do Concello

Luns 24 de agosto do 2020 Carballo ao día

Esta fin de semana tes tres citas comerciais en Carballo ás que non podes faltar: o tradicional feirón do 5º domingo de mes cos seus escenarios da Praza do Concello e o Campo da Feira, o MercaeDillo do CCA e a Feira do Vehículo de Ocasión, Berocasión, que organizamos dende a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración de Axober. E os concesionarios participantes, que este ano son 11, empezaron hoxe a quentar motores presentando na Praza do Concello un avance das exposicións que van ofrecer durante toda a fin de semana nos seus establecementos. Cos representantes do sector estiveron o concelleiro de Seguridade, Feiras e Mercados, Juan Seoane, e o alcalde, Evencio Ferrero, que convidou á cidadanía a aproveitar a variada oferta da última fin de semana de agosto para achegarse ao noso concello.

Tanto Berocasión coma o MercaeDillo do CCA cambian de formato nesta edición 2020 para adaptarse á situación sanitaria que estamos a vivir. Como medida de prevención fronte á COVID-19, as dúas iniciativas comerciais celebraranse dentro dos establecementos participantes.

Os concesionarios ofreceron un avance das ocasións

Os concesionarios ofreceron un avance das ocasións

No caso de Berocasión son Automóviles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles-Kia, Vilas Rama-Citröen, V-Car Hyundai, Automóviles Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota e JGCar, que abrirán de venres a domingo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

O Mercadillo do CCA celebrarase tamén do 28 ao 30 de agosto: o venres e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, e o domingo, de 10:00 a 14:00, en 31 establecementos: A Fragua, a Fragua Kids, Adamela, Akira, Almacenes San Juán, Alonso Moda, Amai Store, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Calzados Susa, D&A Complementos, Deportes San Remo, DV Carballo, Ekate, Fanuchas Creadoras de Duzura, L’Italiana, Lencería-mercería Mª José, Meus Antoxos, Miriñaque, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Necos, Perfumería Garrote, Poppy, Retoños, Style, Teirón, Zapatería Esther, Zapatería Isabel e Zocas. En todos atoparás as mellores ofertas do verán, con descontos de ata o 70%.



Galería

Compartir: