Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación adxudica por 195.000 euros as...

A Deputación adxudica por 195.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada da Feira de Berdillo ao Moucho

A actuación será executada pola empresa GR Construcciones, que disporá dun prazo de 4 meses para levala a cabo

Venres 31 de xullo do 2020 Carballo ao día

A Deputación da Coruña vén de asinar o contrato para  executar as obras de renovación do firme e mellora da seguridade viaria dos primeiros 2,5 quilómetros da estrada provincial DP-1904, da Feira de Berdillo ao Moucho.

As obras foron adxudicadas á empresa GR Construcciones por 195.479,05 euros e terán un prazo de execución de catro meses.

Os traballos comezarán coa limpeza de gabias e beiravías, o fresado e reparación das zonas máis deterioradas da vía e a regularización do firme. Posteriormente procederase á pavimentación do tramo con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da calzada. O proxecto inclúe ademais o pintado da estrada e a renovación da sinalización vertical e horizontal.

Compartir: