Inicio Carballo ao día Avisos O Concello de Carballo reactiva a Bolsa de...

O Concello de Carballo reactiva a Bolsa de Traballo con cita previa para as persoas demandantes de emprego

Mércores 1 de xullo do 2020

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo xa está plenamente operativa, aínda que a partir de agora todas as xestións deben realizarse previa solicitude de cita.

As persoas demandantes de emprego que desexen inscribirse ou realizar algunha modificación no seu currículo poden pedir a cita a través do correo electrónico bdt@carballo.gal ou chamando por teléfono aos números 981 709 011 ou 981 709 010. Para o intercambio de información (vida laboral, DNI, diplomas de cursos, títulos...) tamén hai dúas opcións: ou ben enviala a través do correo electrónico ou ben achegala o día da entrevista nas oficinas municipais do Fórum Carballo. O día e a hora da cita confirmaranse a través do mesmo medio polo que se solicite (correo electrónico ou teléfono).

Polo que se refire ás ofertas de traballo, as empresas que desexen tramitalas deben enviar o formulario (pode descargarse máis abaixo) debidamente cuberto, asinado e co selo da empresa ao correo electrónico bdt@carballo.gal, dende o cal se remitirán os currículos das persoas candidatas.

Descargas

Compartir: