Inicio Carballo ao día Hemeroteca A unidade de salvamento acuático realizou...

LITORAL

A unidade de salvamento acuático realizou 234 atencións de botiquín en Razo e Baldaio

Mércores 2 de agosto do 2006

No areal de Razo contabilizáronse 91 picaduras de peixes, 42 cortes e feridas, 8 picaduras de insectos e 4 contusións, polas que a unidade de salvamento acuático tivo que intervir. Na praia de Baldaio foron 28 as picaduras de peixes, 35 cortes e feridas, 6 picaduras de insectos, 2 contusións, 1 esguince e 3 queimaduras. O tempo durante o mes de xullo foi bo e a afluencia aos areais de usuarios foi notable.

Compartir: