Inicio Carballo ao día Avisos Normas de funcionamento dos mercados e as feiras...

Normas de funcionamento dos mercados e as feiras durante a Fase 1 do Plan de transición cara unha nova normalidade

Martes 12 de maio do 2020

A celebración das feiras e mercados durante a actual Fase 1 do denominado Plan de transición cara unha nova normalidade realizarase con novas normas, adaptadas á situación de crise sanitaria que estamos a vivir.

  • Haberá menos postos e estarán redistribuídos en toda a Praza do Concello para garantir as distancias establecidas pola Xunta de Galicia, de 6 ou 4 metros segundo a distribución dos feirantes.
  • Por parte do Concello de Carballo controlarase o acceso para evitar aglomeracións e o cumprimento da normativa sanitaria vixente.
  • Os vendedores deben acudir coas súas propias mascarilla e luvas. Prégase ademais que fagan unha xestión correcta dos residuos que xeren.
  • Os compradores deberán adoptar tamén as medidas de seguridade e hixiene necesarias, gardando a distancia de seguridade de 2 metros ou usando mascarillas.
  • Só poderán venderse produtos de alimentación, plantas e flores. Prégase non tocar os produtos por parte do público.

Por outra banda, o Mercado Municipal continúa aberto ao público co horario establecido dende o inicio do estado de alarma, de 08:00 a 15:00, e tamén coas condicións de hixiene e seguridade que se veñen aplicando dende o primeiro momento. Así mesmo, lembramos que durante a actual Fase 1 do plan estatal seguirá suspendida a limitación do aparcamento na zona azul.

Compartir: