Inicio Carballo ao día Hemeroteca Humana reduce a súa actividade de...

Humana reduce a súa actividade de recollida de téxtil de xeito temporal debido á crise sanitaria

Os contedores están sendo precintados e deixarán de estar operativos ata novo aviso

Domingo 19 de abril do 2020 Carballo ao día

Un dos 34 puntos de recollida que ten Humana en Carballo

Un dos 34 puntos de recollida que ten Humana en Carballo

Humana vai suspender de xeito temporal o servizo de recollida selectiva de téxtil como consecuencia da crise sanitaria global. “O desexo da Fundación desde o inicio desta situación de excepcionalidade foi o de manter o servizo ata que as circunstancias permitíseno, posto que a organización ten un claro compromiso coa cidadanía e cos seus concellos e empresas colaboradoras”, explican dende a organización, que xestiona a recollida selectiva de téxtil no noso concello a través de 34 colectores.

O estado de alarma obrigou a Humana a pechar temporalmente a súa rede de tendas o 14 de marzo. Días despois procedeuse á paralización da actividade das plantas de preparación para a reutilización e á presentación dun ERTE para o 85% do persoal. Agora, a capacidade de xestión de téxtil da Fundación é moi limitada, polo que se ve obrigada a suspender de modo temporal os labores de recollida selectiva en varias comunidades autónomas para adecuar a organización ao desfavorable contexto actual.

O equipo da Fundación comezou a precintar adecuadamente os contedores que deixan de estar operativos e a colocar neles unha nota informativa sobre a suspensión temporal do servizo para que os cidadáns non depositen a roupa e o calzado neles. En total deixará de estar operativo o 60% dos máis de 5.000 contedores de Humana en España.

Compartir: