Inicio Carballo ao día Hemeroteca 52 familias reciben asistencia psico-social a...

52 familias reciben asistencia psico-social a través do servizo telefónico da Concellaría de Igualdade e Benestar

Nove fogares sumáronse ao Programa de Educación Familiar dende que comezou o confinamento

Xoves 9 de abril do 2020 Carballo ao día

O servizo de atención psico-social telefónica da Concellaría de Igualdade e Benestar presta asistencia a 52 familias dende a declaración do estado de alarma como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19. A maior parte, sen embargo, son as 42 familias que xa participaban previamente no Programa de Educación Familiar, e que agora continúan coas intervencións telefonicamente. A maiores incorporáronse 4 fogares derivados polo Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para apoio emocionar e 6 cos que se contactou por distintas canles, entre elas as chamadas a maiores de 70 anos. Entre o 16 de marzo e o 7 de abril realizáronse un total de 114 chamadas.

O Programa de Educación Familiar tamén incrementou o número de usuarias dende o inicio do confinamento. Ás 26 familias que xa participaban no programa, e que continúan durante este período, sumáronse outras 9, ben derivadas polo SAF ou detectadas nas chamadas ás persoas maiores, entre outras canles. O persoal da Concellaría de Igualdade e Benestar intentou realizar 125 contactos, dos que se materializaron 105.

O Programa de Educación Familiar pretende ofrecer apoio e recursos complementarios de educación a familias con menores a cargo coa finalidade de evitar a súa exclusión social. Como no caso das persoas maiores que viven soas ou que teñen dificultades para o desenvolvemento da súa vida cotiá na situación actual de confinamento, se coñeces algún caso que poida precisar apoio dos Servizos Sociais fáinolo saber chamando ao 981 704 706. Por parte dos/as traballadores/as sociais farase un seguimento de cada caso.

Compartir: