Inicio Carballo ao día Hemeroteca O obradoiro de emprego de carpintaría...

O obradoiro de emprego de carpintaría entra na recta final coa instalación do novo mobiliario do Museo de Bergantiños

Os 12 participantes nesta nova acción formativa, mozos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, deseñaron e fabricaron os mobles que agora están colocando

Mércores 11 de marzo do 2020 Carballo ao día

A finais deste mes rematará o obradoiro de emprego de garantía xuvenil que permitiu a 12 mozos adquirir a formación necesaria para intentar atopar o seu futuro laboral no sector da carpintaría.

Nos seis meses de duración do proxecto, os participantes non só recibiron a formación teórica precisa, senón que acometeron o obxectivo material do obradoiro, que era a fabricación do novo mobiliario do Museo de Bergantiños. Estes días están procedendo á súa instalación, polo que o edificio está pechado ao público.

Os alumnos recibiron os parabéns do alcalde, Evencio Ferrero, que se achegou ata o Museo de Bergantiños acompañado por outros membros do goberno municipal. A directora do obradoiro e o monitor de carpintaría explicaron aos responsables municipais o proceso de deseño e elaboración dos mobles, e destacaron o alto nivel do alumnado, que ao remate do período formativo recibirá un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.



Galería

Compartir: