Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno debatirá o a ordenanza reguladora...

COMISIÓNS INFORMATIVAS

O pleno debatirá o a ordenanza reguladora da prestación dos servizos do programa ‘Concilia’

Xoves 27 de xullo do 2006

Outros temas a abordar no pleno serán as propostas da comisión informativa de Asuntos Económicos e Especial de Contas, coa a declaración de deserto do concurso para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado e un edificio de carácter comercial na Praza do Concello. Na mesma liña, inclúese o inicio do procedemento para a adxudicación, mediante procedemento negociado con publicidade, a concesión da obra, polo que as empresas interesadas no proxecto poderán ser invitadas a participar do proceso.
No tocante a urbanismo, o pleno debatirá a aprobación inicial da modificación da ordenanza n.º 4, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras e ordenanza reguladora dalgúns aspectos xerais sobre as licenzas urbanísticas, ademáis da modificación do criterio de aplicación da ordenanza urbanística particular da zona residencial intensiva no tema de formación de cubertas. Abordarase, igualmente, a aprobación do proxecto técnico para a construción dunha rotonda entre as rúas do Sol, de Santa Ana, de Oriente, da Vila de Negreira e da Milagrosa, cun orzamento previsto de 173.795,05 euros, imputando a cantidade de 100.000 euros ao orzamento do presente ano e o resto con cargo ao orzamento de 2007, e manter o sistema de cooperación en diversos polígonos de solo urbano non consolidado do PXOM (polígonos 9, 28, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 e 43).

Compartir: