Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Campionato de España de volei-praia...

DEPORTE

O Campionato de España de volei-praia chega a Razo en agosto

Venres 21 de xullo do 2006

O presidente da Federación Galega de Voleibol, Xosé Manuel Touriño, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaron o evento esta mañá na Casa do Concello. Xosé Manuel Touriño manifestou que "van a estar presentes os mellores xogadores en categoría nacional e internacional e gozamos dunha oportunidade única e exclusiva en Galicia para ver un evento deste tipo. Desexamos que esta sexa a primeira vez doutras moitas, e que Carballo poda repetir unha proba deste tipo en vindeiras ocasións, que é unha maneira importante de dar a coñecer a localidade". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, salientou que "estamos ante unha proba de altísimo nivel, probablemente a proba máis importante que se disputou en Carballo nunca. Para o Concello é un reto e unha satisfacción albergar unha proba deste calibre e dun deporte, o volei-praia, que segue unha liña ascendente. Seguramente este evento permitirá que moitos visitantes podan coñecer Carballo". Evencio Ferrero agradeceu a colaboración "do director xeral de Deporte e da delegada provincial de Cultura e Deporte, xa que sen a súa axuda sería inalcanzable para o Concello albergar unha proba deste tipo. Tamén quero agradecer á Federación Galega de Voleibol que pensara en Carballo e en Razo para poder achegar este espectáculo ao noso areal".

Compartir: