Inicio Carballo ao día Hemeroteca O goberno levará a pleno un novo...

ENSINO

O goberno levará a pleno un novo regulamento que ofrece máis servizos para os escolares

Xoves 20 de xullo do 2006

A Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración tivo que solicitar unha previa autorización para poder realizar este servizo, ademáis de facer un estudio e reunirse coas ANPAS dos centros educativos. Tras a realización da enquisa e ver a disponibilidade de realizar a iniciativa nos tres colexios, solicitouse o pertinente permiso á Delegación Provincial de Educación a agora faise o mesmo con Sanidade. O servizo ofrecerá a posibilidade de deixar aos fillos e fillas a partir das 07,30 horas para que almorcen no propio centro. Hai tamén a posibilidade de participar da iniciativa indo xa almorzados. A Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración non descarta que, vendo como funciona nos colexios Fogar, Bergantiños e Cristina, se poda levar a iniciativa a outros centros educativos no futuro.

Compartir: