Inicio Carballo ao día Hemeroteca Dende o Concello de Carballo condenamos os...

Dende o Concello de Carballo condenamos os reiterados actos de vandalismo contra a ornamentación de Nadal

Esta fin de semana foi roubado un dos bastóns da rúa Ponte e dous quedaron danados, ao igual que un dos renos do Xardín Municipal e outro boneco da rúa Valle-Inclán

Luns 23 de decembro do 2019 Carballo ao día

Os dous bastón que puideron ser recuperados están no taller para reparar e repoñelos mañá

Os dous bastón que puideron ser recuperados están no taller para reparar e repoñelos mañá

Despois dos actos de vandalismo contra a ornamentación de Nadal que se rexistraron esta fin de semana, dende o Concello de Carballo expresamos a nosa condena a este tipo de accións e anunciamos que actuaremos con contundencia contra as persoas responsables dos reiterados danos aos elementos decorativos colocados pola Concellaría de Promoción Económica nas zonas de maior intensidade comercial da nosa vila para promocionar un sector tan importante para a economía local e, ao mesmo tempo, espallar o ambiente de Nadal polas nosas rúas.

Así mesmo, facemos un chamamento á colaboración cidadá para tratar de identificar aos autores dos feitos. Esta fin de semana as “vítimas” foron os bastóns colocados na rúa Ponte: un foi roubado, noutro caso intentárono pero non puideron arrancalo e quedou danado, e o terceiro foi esnaquizado, polo que nestes momentos só quedan tres. Os dous que puideron ser recuperados están xa no taller artesán no que foron construído e a nosa intención é repoñelos mañá mesmo. As dúas primeiras accións rexistráronse pasadas as 07.00 horas do domingo, e a terceira, a noite pasada, sobre as 03.00 horas, tal como confirmou unha veciña que foi testemuña dos feitos. Os seus autores serían tres ou catro mozos duns vinte anos de idade, segundo indicou. As forzas de seguridade están facendo xa indagacións para intentar localizalos.

Os renos xa están reparados

Os renos xa están reparados

Por outra banda, este luns quedou reparado o conxunto dos renos do Xardín Municipal, que tamén fora vítima do vandalismo, ao igual que os bonecos da rúa Valle-Inclán.

Ademais de apelar ao civismo para evitar que este tipo de accións se repitan, dende o Concello de Carballo tamén facemos un chamamento á veciñanza para que os adornos sexan respectados, procurando non tocalos nin subirse a eles, dado que están feitos con materiais delicados, como fibra de vidro e madeira. Grazas pola vosa colaboración!



Galería

Compartir: