Inicio Carballo ao día Avisos Recomendacións do Concello de Carballo...

Recomendacións do Concello de Carballo ante a situación de alerta provocada polas intensas choivas

Xoves 19 de decembro do 2019

Ante a situación provocada polas intensas choivas das últimas horas e a previsión de que a inestabilidade atmosférica continúe ao longo da fin de semana, dende o Concello de Carballo queremos trasladarvos unha serie de recomendacións:

  • Non deixar os coches aparcados en zonas inundables.
  • Sacar os vehículos dos garaxes situados en sotos de zonas afectadas polas inundacións.
  • Non achegarse á beira do río.
  • Extremar as precaucións ao volante.
  • Ante calquera emerxencia chama ao 112
Grazas pola túa colaboración.

Compartir: