Inicio Carballo ao día Hemeroteca Realizado o sorteo entre os/as solicitantes para...

CONSULTA AQUÍ A RELACIÓN ACTUALIZADA DE PARTICIPANTES

Realizado o sorteo entre os/as solicitantes para participar na Campaña de Inverno 2020 da Deputación da Coruña

Martes 17 de decembro do 2019 Deporte

Ao sorteo público asistiron varias nais

Ao sorteo público asistiron varias nais

Tal como estaba previsto nas bases, dado que o número de solicitudes superou o de prazas dispoñibles, este luns 16 de decembro celebrouse o sorteo público das 13 prazas que lle corresponden ao Concello de Carballo para a Campaña de Inverno 2020, organizada pola Deputación Provincial da Coruña coa finalidade de iniciar na práctica do esquí aos nenos e as nenas de 11 a 15 anos.

O sorteo tivo lugar na Casa do Concello coa presenza do concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ademais de técnicos municipais e dun grupo de nais de nenos/as solicitantes.

Os/as seleccionados/as no sorteo desfrutarán dunha estadía en Cabeza de Manzaneda na quenda comprendida entre o 7 e o 10 de febreiro. A cota de participación individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €.

Descargas

Compartir: