Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello beneficiarase da entrega de material...

LITORAL

O Concello beneficiarase da entrega de material para Protección civil

Martes 18 de xullo do 2006

Entre o material a entregar figuran prismáticos, chalecos salvavidas, flotadores, bandeiras ou uniformes. Segundo explicou a Consellería de Presidencia, o orzamento total do plan ascende aos 280.000 euros, o que supón un incremento do 12% con respecto ao ano pasado. O equipamiento entregado aos distintos grupos municipais de Protección Civil incorpora material de primeiros auxilios.

Compartir: