Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o prazo de preinscrición para os...

ENSINO

Remata o prazo de preinscrición para os alumnos de primeiro curso da Escola Oficial de Idiomas

Mércores 12 de xullo do 2006

Para acceder á Escola Oficial de Idiomas é preciso ter 14 anos ou cumplilos no ano académico, ademáis de estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: primeiro ciclo de ESO, graduado en educación secundaria, graduado escolar, certificado de escolaridade o estudios primarios, técnico auxiliar de FP1 ou outras titulacións de superior nivel. Para calquera dúbida, os interesados poden achegarse ás oficinas da Concellaría de Cultura, no Pazo da Cultura, ou chamar ao teléfono 981704300. Pódese atopar máis infomración, igualmente, na páxina da Escola de Idiomas da Coruña .

Conservatorio

Tamén o venres, 14 de xullo, remata o prazo de matrícula para o alumnado que está a cursar estudos no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Tamén remata o prazo para a preinscrición en 1.º curso de Grao Elemental de todos aqueles alumnos e alumnas que queiran acceder ao Conservatorio. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden achegarse ás oficinas da Concellaría de Cultura, no Pazo da Cultura, ou chamar ao teléfono 981 704 300.

Compartir: