Inicio Carballo ao día Avisos Aberto do 2 ao 13 de setembro un novo prazo de...

Aberto do 2 ao 13 de setembro un novo prazo de inscrición para un novo curso de cociña na Escola Municipal de Hostalaría

Sábado 6 de xullo do 2019

Do 2 ao 13 de setembro está aberto o segundo prazo de inscrición para participar no proceso selectivo do alumnado para o próximo curso de cociña na Escola Municipal de Hostalaría. Os impresos de solicitude, que poden descargarse máis abaixo, ao igual que as bases da convocatoria, deben presentarse a través do Rexistro Municipal, os rexistros auxiliares ou o rexistro telemático.

Para formarse na Escola de Hostalaría de Carballo só é preciso ter 18 anos cumpridos e posuír unha titulación mínima de graduado en ESO ou equivalente. A acción formativa terá unha duración total de 1.150 horas, previsiblemente comezará en outubro e desenvolverase nas instalacións do Fórum Carballo en horario de 08.30 a 14.30, de luns a venres. Dentro desa formación inclúense 240 horas de prácticas en empresas.

Descargas

Compartir: