Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle esta fin de semana o primeiro...

CONGRESO

Carballo acolle esta fin de semana o primeiro Simposio Internacional de Megalistismo na Costa da Morte

Mércores 5 de xullo do 2006

Todas as conferencias e mesas redondas celebraranse no Pazo da Cultura. Ademais, a organización ofrecerá outras actividades como unha excursión que seguirá a rota realizada polos arqueólogos Georg e Vera Leisner, visitando os principais monumentos megalíticos da Costa da Morte, como Dombate, Pedra Cuberta, Casa dos Mouros, Pedra Moura de Carnio, Arca da Piosa, a Mina de Parxubeira e a Casota de Freán. As conferencias que se van desenvolver durante os tres días serán impartidas por Germán Delibes, Charles-Tanguy Le Roux, Francisco Javier Fernández, José Antonio Mujika, Miguel de Blas, Ramón Fábregas, José María Eguileta, María Goreti, Antón Rodríguez Casal, Benita Silva e Fernando Carrera. Na mesa redonda da última xornada tomarán parte Raquel Casal, Felipe Arias, Rubén Lois e Felipe Senén.

Compartir: