Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo de matrícula para os...

ENSINO

Aberto o prazo de matrícula para os alumnos do Conservatorio Profesional de Música

Luns 3 de xullo do 2006

Ademais, permenecen abertos os prazos de preinscrición na Escola Oficial de Idiomas de Carballo. Este ano, como novidade, ofrécense dúas linguas, 1.º curso de francés e 1.º, 2.º e 3.º curso de inglés. Os prazos de preinscrición para os alumnos que se matriculan en primeiro, por primeira vez, son até o 14 de xullo, no primeiro prazo, e do 1 ao 15 de setembro, no segundo prazo. Para os alumnos de 2.º de inglés, as datas de matrícula son o 6 e 7 de xullo e para os de 3.º de inglés o 3 e 4 de xullo.

Para acceder á Escola Oficial de Idiomas é preciso ter 14 anos ou cumprilos no ano académico, ademais de estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: primeiro ciclo de ESO, graduado en educación secundaria, graduado escolar, certificado de escolaridade ou estudos primarios, técnico auxiliar de FP1 ou outras titulacións de superior nivel. O sorteo e publicación da listaxe do alumnado preinscrito que pode matricularse publicarase o 21 de setembro, e a matrícula poderá facerse efectiva do 22 ao 28 dese mesmo mes. Para calquera dúbida, os interesados poden achegarse ás oficinas da Concellaría de Cultura, no Pazo da Cultura, ou chamar ao teléfono 981704300. Pódese atopar máis información, igualmente, na páxina da Escola de Idiomas da Coruña .

Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden achegarse ás oficinas da Concellería de Cultura, no Pazo da Cultura, ou chamar ao teléfono 981704300.

Compartir: