Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entran en funcionamento os horarios de...

CULTURA

Entran en funcionamento os horarios de verán nos equipamentos culturais do Concello

Luns 3 de xullo do 2006

A Ludoteca abre de luns a venres, de 11.00 horas a 13.30 horas e de 18.00 horas a 20.30 horas. A Aula de informática abre tamén de luns a venres, de 9.00 horas a 11.00 horas e de 17.00 horas a 20.30 horas. Os mércores amplía, ademais, o horario de mañá até as 14.00 horas. O Pazo da Cultura, pola súa banda, abre de luns a sábados entre as 17.00 horas e as 21.00 horas. Polo que respecta ao Museo de Bergantiños, o seu horario de apertura é de martes a xoves, de 12.00 horas a 14.00 horas e de 18.00 horas a 21.00 horas; de mércores a venres é de 12.00 horas a 14.00 horas e de 18.00 horas a 20.00 horas. Ademais, os sábados abre de 12.00 horas a 14.00 horas e os domingos de feira de 11.00 horas a 14.00 horas. A Biblioteca municipal abre as súas instalacións no verán de luns a venres, de 8.30 horas a 14.00 horas.

Instalacións deportivas

Tamén desde o pasado 1 de xullo, e até o 3 de setembro, entraron en funcionamento os novos horarios das instalacións deportivas de Carballo. Polo que respecta ás piscinas, a de Carballo Calero abre de luns a venres de 8.00 horas a 13.30 horas e de 17.00 horas a 23.00 horas. Os sábados faino de 9.00 horas a 13.00 horas. A piscina permanecerá pechada por labores de mantemento do 1 de agosto ao 3 de setembro. No tocante á de Vila de Noia, abre de luns a venres de 8.00 horas a 13.30 horas e de 17.15 horas a 23.15 horas. Os sábados faino de 10.00 horas a 14.00 horas.

En canto aos pavillóns, o de Carballo Calero abre de luns a venres de 8.00 horas a 14.00 horas e de 18.00 horas a 23.00 horas. Os sábados faino de 9.00 horas a 13.00 horas. O de Vila de Noia abre de luns a venres de 8.00 horas a 14.00 horas e de 18.00 horas a 23.00 horas. Os sábados faino de 10.00 horas a 14.00 horas.

A reserva das horas de aluguer do pavillón realizarase nas instalaciones deportivas.

Compartir: