Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedidas licenzas para a construcción de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Concedidas licenzas para a construcción de novos edificios en Carballo

Luns 26 de xuño do 2006

Outros dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local foron a aprobación das certificacións das obras Afirmado de camiño en Vilela, Afirmado de camiños en Carballo, Entrecruces e Cances e Afirmado e mellora capa de rodadura do camiño rural Sixto-Villares, ademáis da aprobación da concesión das subvencións ás asociacións culturais para a realización durante o ano 2006 de actividades puntuais. En total concédense 37 subvencións por un importe total de 21.415 euros. A Xunta de Goberno Local adxudicou, ademáis, varias obras, como o Afirmado de camiños en Razo, cun prazo de execución de oito semanas, a Reparación cuberta do complexo deportivo zona escolar, cun prazo de un mes, o Edificio centro socio-cultural de Sofán, Fase 2, cun prazo de seis meses, as Medidas preventivas para evitar a erosión dos taludes da praia de Razo, cun prazo de execución de un mes, e a Reforma Pavillón Escola Fogar, cun prazo de dous meses. Igualmente, deuse conta dos convenios entre o Concello e a Consellaría de Medio Rural para a participación na prevención de incendios forestais e entre o Concello e a Fundación ARAO para a creación dun observatorio de aves nas marismas de Baldaio. Procedeuse tamén a aprobación dun convenio de colaboración coas Escolas Deportivas Luis Calvo Sanz para promocionar a práctica do fútbol entre a xuventude carballesa.

Compartir: