Inicio Carballo ao día Hemeroteca ‘Pereza’ pecha o ciclo de concertos do San...

CULTURA

‘Pereza’ pecha o ciclo de concertos do San Xoán

Luns 26 de xuño do 2006

Ademáis da actuación de Pereza, esta xornada de luns conta con numerosas actividades incluidas no programa das festas. Os grupos Fol de veneno e Val do Allo, ademáis da banda Eduardo Pondal de Ponteceso e a banda municipal de Melide, puxeron a música durante a mañán. Pola tarde celebrarase, a partir das 17,00 horas, o Día do neno, coa instalación no Parque do San martiño de xogos gratuitos e a organización de diferentes actividades lúdicas e deportivas controladas por oito monitores. A partir das 20,00 horas, o Xiria e o Basket Coruña disputan no Pavillón da Zona Escolar a primeira edición do Trofeo Festas de San Xoán de baloncesto. Xa pola noite, a partir das 22,00 horas, o orquestra Cinema será a encargada de ofrecer a penúltima verbena das festas na Praza do Concello.

Compartir: