Masterclass de Rafael Centeno, chef do restaurante Maruja Limón de Vigo, na Escola de Hostalaría
Domingo 24 de febreiro do 2019
![](media/../media/img/maruja-limon-by-rafa-centeno-maruja-limon-by-rafa-centeno-8-19dc2.jpg)
A Escola Municipal de Hostalaría de Carballo recibe o luns 25 de febreiro a Rafael Centeno, chef do restaurante Maruja Limon, de Vigo, que se converteu no ano 2010 no primeiro lugués en conseguir unha Estrela Michelín.
O alumnado da Escola Municipal de Hostalaría de Carballo terá a oportunidade de compartir con el unha interesante e, a bo seguro, instrutiva e proveitosa mañá.