Inicio Carballo ao día Avisos Gustaríache formar parte da...

Gustaríache formar parte da comisión de festas? Achégate á xuntanza para constituír a comisión organizadora do San Xoán 2019

Venres 4 de xaneiro do 2019

Vaiche a festa? Gustaríache aportar ideas para o programa do San Xoán?

Se contestas afirmativamente a estas preguntas es o/a candidato/a perfecto/a para formar parte da comisión de festas.

O martes 8 de xaneiro celebraremos unha xuntanza aberta a toda a cidadanía para constituír o equipo que se encargará de organizar o San Xoán 2019, e ti podes formar parte dese equipo. Tan só tes que acudir á reunión, que terá lugar no primeiro andar do Pazo da Cultura a partir das 20.30 horas.

Anímaste?

Compartir: