Inicio Carballo ao día Hemeroteca Freixeiro Mato fará o pregón...

CULTURA

Freixeiro Mato fará o pregón inaugural das festas do San Xoán

Mércores 21 de xuño do 2006

O disparo das bombas de palenque estivo acompañado cun pasacalles do Grupo de Gaitas da Escola de Gaitas e Danzas de Bergantiños, da Asociación Santa Eufemia de Bértoa. Foi o primeiro dos actos da xornada do mércores, ao que lle sucederá un concerto da Banda Municipal de Carballo, ás 20.15 horas, na Praza do Concello. Será antes do pregón inaugural das festas e a posta en escea da primeira verbena, coa orquestra Nova Palma, a partir das 22.30 horas.

Compartir: