Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cada ano recollemos unha media de 900 quilos de...

Cada ano recollemos unha media de 900 quilos de pilas nos colectores distribuídos por edificios públicos e comercios de Carballo

As empresas que queiran sumarse á recollida deste residuo poden solicitar un contedor de balde no teléfono 981 754 917

Venres 28 de decembro do 2018 Carballo ao día

Os comercios interesados recibirán un contedor coma este

Os comercios interesados recibirán un contedor coma este

Nesta época do ano dispárase o consumo de pilas, xa que moitos dos xoguetes que reciben os nenos e as nenas necesítanas para funcionar. Por iso, dende o Concello de Carballo facemos un dobre chamamento á cidadanía: por unha banda, ás familias, para que cando teñan que tiralas utilicen os contedores que temos distribuídos polos edificios públicos e ducias de establecementos comerciais, e, por outra, ás empresas locais, para que se sumen á recollida. Os comercios interesados só teñen que chamar ao número de teléfono 981 754 917, e a empresa concesionaria do servizo de recollida de RSU, Urbaser, facilitarlles un colector de balde.

Ao longo deste ano recolléronse no noso concello 864 quilos de pilas. A media desde que Urbaser xestiona o servizo é de 927 quilos/ano.

O sistema de recollida é moi sinxelo. A cidadanía deposita as pilas en calquera dos contedores dispoñibles no concello. Cando están cheos só hai que chamar ao número de teléfono que figura na tapa, e o servizo de recollida de residuos pasará a baleiralos. O proceso remata cando as pilas son transportadas por un xestor autorizado á unha planta de reciclaxe, onde se separarán os materiais perigosos do resto dos compoñentes da pila.

O perigo destes produtos radica en que na súa composición atopamos materiais por contaminantes, coma o mercurio. Unha soa pila pode contaminar miles de litros de auga. Ademais conteñen outros elementos nocivos para a saúde. Se queres máis información entra na ligazón que atoparás máis abaixo.

Ligazóns

Compartir: