OS PROXECTOS DESENVOLVERANSE NAS 18 PARROQUIAS
O Concello de Carballo adxudicou obras por 941.352,57 euros e licitou por valor de 2.865.057,31 neste último trimestre do ano
Mércores 26 de decembro do 2018 Carballo ao día
![As obras de reforma do Museo de Bergantiños xa están adxudicadas As obras de reforma do Museo de Bergantiños xa están adxudicadas](media/../media/img/IMG_7166.jpg)
As obras de reforma do Museo de Bergantiños xa están adxudicadas
Nun ano de moitísima actividade na área de Contratación, o último trimestre do ano foi especialmente intenso, como demostran as adxudicacións realizadas, por importe de 941.352,57 euros, e os procesos de licitación iniciados, que suman outros 2.865.057,31. Estas cifras corresponden unicamente a obras, xa que a maiores puxéronse en marcha procedementos de contratación de servizos e subministracións importantes: pala e camión, alumeado ornamental, adquisición dun tractor-desbrozadora ou xestión de ludoteca e biblioteca, entre outros.
Entre os proxectos xa adxudicados figuran os seguintes:
- Renovación de servizos e mellora da accesibilidade na rúa Laracha, que xa está en execución: 92.807 euros
- Urbanización da rúa Cándido González Tiradas: 179.901,71 euros (dúas fases)
- Reforma do Museo de Bergantiños: 207.139,90 euros
- Cuberta do Parque do Anllóns: 135.386,90 euros
- Aglomerado das vías Mirón (Bértoa) – Estrada DP1902 (Carballo-Razo), Bolón – A Gándara (Sofán) e A Ponte de Bértoa – O Moucho (Berdillo): 326.117,06 euros entre os tres proxectos.
![O espazo público situado na contorna da antiga escola de Aldemunde converterase nunha praza O espazo público situado na contorna da antiga escola de Aldemunde converterase nunha praza](media/../media/img/800460.jpg)
O espazo público situado na contorna da antiga escola de Aldemunde converterase nunha praza
En canto aos procesos de licitación iniciados neste último trimestre do ano, a relación é moi extensa:
- Construción do centro social de Bértoa: 389.994,27 euros
- Reurbanización da contorna do Fórum Carballo: 446.333,34 euros
- Accesos a vivendas nas 18 parroquias: 449.993,23 euros
- Reforma do centro social de Lema: 182.659,22
- Instalación de servizos para a futura senda peonil e ciclista Carballo-Coristanco: 497.590,03 euros
- Acondicionamento de praza pública en Aldemunde: 112.873,63 euros
- Reforma e adecuación do espazo público do lavadoiro do Piñeiro (Entrecruces): 55.261,90 euros
- Reurbanización da rúa Concepción Arenal: 192.172,79 euros
- Redes de abastecemento e saneamento de Figueroa e Outeiro (Sísamo): 288.312,98 euros
- Acondicionamento das vías do núcleo do Castrillón (Lema): 249.865,92 euros.
Todos estes proxectos serán executados ao longo do ano 2019, xunto con outros correspondentes a procesos de licitación anteriores que están pendentes de adxudicación, e que suman outros 2.409.299,19 euros.
- Aglomerado da vía do Igrexario de Lema a Vixía: 241.938 euros
- Soterramento do cableado da contorna da igrexa de Rus: 44.541 euros
- Reurbanización da rúa Barcelona: 422.907,44 euros
- Abastecemento de auga a Oza e Razo: 1.699.912,75 euros