Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concurso de Escaparatismo de Nadal volve a...

ZOCAS GAÑA O 1º PREMIO

O Concurso de Escaparatismo de Nadal volve a poñer de manifesto o altísimo nivel do comercio carballés

Miriñaque, Atelier e Bambalina completan a relación de establecementos galardoados cun total de 2.000 euros

Xoves 20 de decembro do 2018 Carballo ao día

Zocas, 1º premio do Concurso de Escaparatismo de Nadal

Zocas, 1º premio do Concurso de Escaparatismo de Nadal

O Concurso de Escaparatismo de Nadal convocado pola Concellaría de Promoción Económica volve a poñer de manifesto o altísimo nivel do comercio carballés. O xurado, que se reuniu hoxe, non o tivo nada doado, porque entre as numerosas propostas presentadas hai verdadeiras obras de arte. De feito, hai que ser moi artista para representar tan ben o espírito de Nadal como fixo o establecemento gañador, Zocas; para converter á muller en auténtica protagonista destas datas con ducias de bonecas feitas a man, coma no caso de Miriñaque (2º premio); para reflectir tan ben a ilusión como fai o carrusel de Atelier (3º premio) ou para transformar unha pelota de pilates nun globo que fai voar a imaxinación, coma no escaparate de Bambalina (4º premio). A todos, os nosos parabéns. Sen dúbida, merecidísimos!

Este ano o xurado do Concurso de Escaparatismo de Nadadl estivo integrado por dous representantes do Concello de Carballo e dúas persoas expertas en decoración de escaparatismo. Despois de visitar todos os escaparates por separado, hoxe reuníronse para poñer en común as súas puntuacións e emitir o fallo, que foi o que segue:

  • Primeiro premio: 800 euros. Zocas (rúa Hórreo)
  • Segundo premio: 600 euros. Miriñaque (rúa Valle-Inclán)
  • Terceiro premio: 400 euros. Atelier (rúa Vitoria)
  • Cuarto premio: 200 euros. Bambalina (rúa Valle-Inclán)

O xurado tivo en conta a calidade artística, a composición, a iluminación, a eficacia comercial do escaparate, a  utilización de elementos tradicionais do Nadal, a orixinalidade, o uso do galego e o esforzo e dedicación do promotor no resultado. O obxectivo do concurso é a promoción e o apoio ao comercio local, premiando o esforzo e a súa implicación na mellora da imaxe dos establecementos do municipio, facendo que todo Carballo estea vestido co espírito do Nadal. 

Aquí tedes algunhas imaxes, pero aconsellámosvos que, ademais de visitar o comercio local de día, deades un paseo nocturno, porque todos os escaparates gañan moitísimo coa iluminación.



Galería

Compartir: