Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello contribuirá con 6.000 euros ao...

AS AXUDAS DIRECTAS A ENTIDADES SOCIAIS ACHÉGANSE ESTE ANO AOS 70.000 EUROS

O Concello contribuirá con 6.000 euros ao financiamento do programa de prevención da exclusión social de Vieiro

Representantes da asociación e o alcalde asinaron hoxe un convenio de colaboración

Xoves 20 de decembro do 2018 Carballo ao día

Maica Ures, Evencio Ferrero, Fina Rey e Maripi Mata, no acto de hoxe

Maica Ures, Evencio Ferrero, Fina Rey e Maripi Mata, no acto de hoxe

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Asociación Antidroga Vieiro, que estivo representada por Fina Rey e Maripi Mata. Ao acto, celebrado este mediodía na Alcaldía, asistiu tamén a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. O Concello realizará unha achega de 6.000 euros para financiar o programa de prevención da exclusión social que promove a entidade, cuxa directiva agradeceu a colaboración municipal non só con esta axuda económica senón coa boa disposición da Policía Local a actuar sempre que se require a súa presenza, ao igual, segundo manifestaron Fina Rey e Maripi Mata, que a Garda Civil.

As axudas directas outorgadas este ano polo Concello de Carballo ás entidades que desenvolven o seu labor no ámbito social achéganse aos 70.000 euros. O pasado día 26 de novembro o alcalde asinou outro convenio coa Agrupación Deportiva Un Paso Máis para financiar con 3.000 euros as escolas inclusivas de pádel e equitación promovidas pola entidade. En novembro tamén foron aprobadas as subvencións anuais ás entidades sen ánimo de lucro, que suman 60.000 euros.

As axudas anuais permitirán a 15 entidades facer fronte a todo tipo de gastos, desde o desenvolvemento de programas a actuación ata o pago de nóminas ou a cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de vulnerabilidade. As entidades subvencionadas foron Vieiro, Asociación Galega de Fibromialxia (Agafi). Proxecto Home, Daleth: 3.286,5, Afaber, Centro Social San Xoán Bautista, A.C. 3ª Idade San Xoán Bautista, Aloumiños, Amigos de Galicia, Íntegro, Cáritas, Aspaber, APEM, Cruz Vermella e Un paso máis. En máis da metade dos casos, a subvención cubre a totalidade do importe solicitado.

Compartir: