Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo adquire 12.000 metros...

O Concello de Carballo adquire 12.000 metros cadrados máis de terreo no Bosque do Añón

Evencio Ferrero asinou hoxe o contrato de compravenda co propietario de cinco parcelas a un prezo de 6 euros o metro cadrado

Xoves 20 de decembro do 2018 Carballo ao día

Así está esta tarde o Anllóns ao seu paso polo Bosque

Así está esta tarde o Anllóns ao seu paso polo Bosque

Antes de que acabe o ano, o Concello de Carballo será o propietario de 37.300 metros cadrados de terreo no Bosque do Añón, 22.000 deles adquiridos a través da oferta pública lanzada hai dous anos.

O alcalde, Evencio Ferrero, formalizou hoxe ante notario o contrato de compravenda de cinco parcelas que superan os 7.000 metros cadrados, e para a semana que vén está prevista a formalización da adquisición doutras dúas fincas que suman case outros 5.000 metros cadrados. Deste xeito, o Concello de Carballo conseguirá este ano 12.000 metros cadrados, a un prezo unitario de 6 euros.

O obxectivo do goberno municipal é ir adquirindo os case 500.000 metros cadrados de solo rústico de protección natural e protección de augas existente en ámbalas marxes do Anllóns no ámbito comprendido entre a ponte da Milagrosa e a de Bértoa para incorporalo ao patrimonio público como espazo de recreo e zona verde. Ata hoxe o Concello de Carballo dispoñía de 25.320 metros cadrados.

Para levar a cabo o proceso de compra, desde o Concello dividiuse ese amplo espazo en sete zonas, outorgándolles prioridade ás de máis uso. Das cinco parcelas adquiridas hoxe, catro están situadas na zona 2 y 1 na zona 1, e a intención do goberno local é seguir completando a adquisición de todo o ámbito, que está chamado a ser o gran parque urbano de Carballo.

Compartir: