Inicio Carballo ao día Hemeroteca Iniciadas as melloras no campo de fútbol...

OBRAS

Iniciadas as melloras no campo de fútbol de As Pedreiras

Martes 20 de xuño do 2006

O proxecto da Deputación provincial inclúe o remate do peche do campo, a dotación de servicios para homes e mulleres e o peche da valla perimetral do terreo de xogo. A intención do Concello é a de que o campo de As Pedreiras poda ser xa utilizado a principio de tempada. As obras no recinto de Berdillo veñen a complementar ás realizadas no campo de O Carral, en Sofán, onde a día de hoxe xa se pode comprobar a sementeira de céspede realizada e as melloras que se levaron a cabo nas instalacións.

Compartir: