Inicio Carballo ao día Hemeroteca A semana que vén comezará a...

ASINADO O CONTRATO COA EMPRESA CONCESIONARIA

A semana que vén comezará a instalación de 138 puntos de luz, solicitados na súa maioría polos consellos parroquiais

As novas luminarias permitirán mellorar a seguridade en determinados puntos da zona rural e dar servizo a vivendas de nova construción

Venres 30 de novembro do 2018 Carballo ao día

A sinatura do contrato tivo lugar hoxe na Alcaldía

A sinatura do contrato tivo lugar hoxe na Alcaldía

Mellorar a seguridade viaria e dar servizo a vivendas de nova construción son os dous obxectivos da ampliación do contrato do alumeado público, asinado hoxe polo alcalde, Evencio Ferrero, e un representante da empresa concesionaria, Ferroser. A semana que vén comezará a instalación dos 138 novos puntos de luz, que se distribúen por todo o territorio en función das peticións recollidas nos consellos parroquiais, na súa maior parte, e das solicitudes presentadas no Concello.

O Concello de Carballo aboará por este servizo un total de 14.661,12 euros ao ano, que inclúen o subministro e a instalación das luminarias led, os gastos de consumo e o mantemento. Segundo indicaron os representantes da empresa concesionaria no acto de sinatura do contrato, ao que tamén asistiu o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, en principio prevese que as 138 luminarias estean colocadas e en servizo antes de que remate o ano.

Os puntos de luz distribuiranse do seguinte xeito: Aldemunde, 3; Bértoa, 19; Ardaña, 5; Artes, 7; Berdillo, 10; Cances, 3; Sísamo, 4; Entrecruces, 26; Goiáns, 6; Lema, 14; Noicela, 7; Oza, 4; Razo, 2; Rebordelos, 8; Rus, 12, e Sofán, 8.

Compartir: