Anuncio de consulta previa sobre a aprobación da Ordenanza municipal reguladora do tráfico, mobilidade e seguridade viaria do Concello de Carballo
Martes 6 de novembro do 2018
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, sustánciase consulta pública, a través do portal web deste Concello, con carácter previo á aprobación da Ordenanza municipal reguladora do tráfico, mobilidade e seguridade viaria do Concello de Carballo.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións ata o día 16 de novembro de 2018, a través do seguinte buzón de correo electrónico: infocarballo@carballo.gal