Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Asociación de Inserción Laboral...

MULLER

A Asociación de Inserción Laboral ‘Mulleralia’ preséntase en sociedade

Xoves 15 de xuño do 2006

Mulleralia ten previsto realizar accións que fortalezan e eleven o benestar e calidade de vida dese grupo de mulleres. A Asociación centrarase na formación e orientación laboral, intermediación laboral e asesoramento ao autoemprego, asistencia social e sensibilización pola igualdade de oportunidades. Mari Carmen Varela será a presidenta dunha Asociación na que un grupo de catorce persoas ven traballando xa desde hai uns meses. Ademáis, está prevista a creación, a longo prazo, dunha empresa de inserción laboral, un reto que desde a Asociación califican de moi ambicioso. O acto de presentación de Mulleralia comezará ás 21,00 horas e está prevista a asistencia de numerosas persoas.

Compartir: