Inicio Carballo ao día Hemeroteca Formalizados os contratos para acometer obras da...

OBRAS

Formalizados os contratos para acometer obras da rede de saneamento en varias parroquias

Martes 6 de xuño do 2006

O Afirmado de camiño en Vilela contou cun orzamento de contrata de 80.851,55 euros. A Rede de saneamento en Taboada, na parroquia de Entrecruces, tivo un orzamento contrata de 96.981,90 euros e conta cunha lonxitude, na primeira fase, de 1.481 m.l. O plazo de execución da mellora sitúase en catro meses e necesitará de obras de conducción e reposicións, con firme con tratamento bituminoso, con aglomerado asfáltico e formigón. A Rede de saneamento en Espiño e Ramil, na parroquia de Sísamo, contou cun orzamento de contrata de 69.635,55 euros. A rede de saneamento ten unha lonxitude total de 1.278 m.l. e o prazo de execución sitúase tamén en catro meses. A Rede de saneamento en Xoane, na parroquia de Goians, contou cun orzamento de contrata de 87.216,85 euros. A lonxitude da mesma é de 1.807 m.l. e o prazo de execución da obra é de catro meses. Os contratos asinados esta mañán completan aos asinados días atrás para a Rede de saneamento na parroquia de Oza, 1ª fase cun orzamento de contrata de 81.989,55 euros, unha lonxitude de 1.766 m.l. e un prazo de execución de catro meses, a Rede de saneamento en Queo, 1ª fase, parroquia de Bértoa cun orzamento de contrata de 85.700,67 euros, unha lonxitude de 1.573 m.l. e un prazo de execución de de catro meses, e a Rede de saneamento en Castelo, 1ª fase, parroquia de Vilela, cun orzamento de contrata de 76.751,91 euros, unha lonxitude de 1.159 m.l. e un prazo de execución tamén de catro meses.

Compartir: