Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mercedes Peón presenta en Carballo...

CONCERTO

Mercedes Peón presenta en Carballo ‘Ajrú’, o seu segundo disco

Martes 5 de xullo do 2005

Carballo é un dos puntos de saída do programa As nosas músicas, que vai organizar concertos por toda Galicia; e Mercedes Peón un dos puntos arrinque da programación cultural do verán carballés. Tanto o rexedor como a concelleira de Cultura, Ensino e Normalización lingüística, Belén Lendoiro, sinalaron a orixinalidade e a calidade do traballo desta artista. "É un dos estandartes da música galega", comentou o alcalde, que "mestura a música tradicional coa busca de novas harmonías e de novos acordes".

O director da oficina principal de Caixa Galicia en Carballo, Javier Pérez Vázquez, explicou que o programa As nosas músicas está pensado para lle achegar aos cidadáns de distintas vilas de Galicia, a través de 30 concertos, unha serie de actuacións musicais, especialmente de música folk e galega. "Este ano hai dúas novidades importantes", engadiu, "a primeira que as artistas do programa son todas mulleres e a segunda que ademais de galegas vai haber concertos de cantantes portuguesas".

Evencio Ferrero adiantou que no ano 2005 vanse organizar máis actividades en colaboración con Caixa Galicia, entre elas, a exposición Galiza camiño celeste, o concerto da Real Filarmonía de Galicia ou do Orfeón Terra Nosa.

Compartir: