Inicio Carballo ao día Avisos Alumnado dos cursos AFD de electricidade e...

Alumnado dos cursos AFD de electricidade e soldadura participa nun curso de prevención de riscos laborais

Mércores 25 de abril do 2018

As sesións presenciais impártense na aula de informática do Fórum

As sesións presenciais impártense na aula de informática do Fórum

Esta semana comezou un curso de Prevención en Riscos Laborais (PRL), nivel básico, para o alumnado do centro municipal de formación nas especialidades de fabricación mecánica e electricidade. O curso ten unha duración de 60 horas e impartirase en modalidade semipresencial (20 horas presenciais e 40 en teleformación).

Os/as participantes son alumnos/as cunha cualificación de apto/apta nos cursos de Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e Soldadura con electrodo revestido e TIG.

As sesións presenciais impártense na aula de informática do Fórum Carballo en horario de 16.00 a 20.00. O curso comezou o luns e rematará o 15 de maio, data do exame.

Compartir: