Inicio Carballo ao día Avisos A CMAT abre unha canle de participación...

A CMAT abre unha canle de participación para as empresas turísticas no Plan de Acción de Turismo

Domingo 22 de abril do 2018

A entidade Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) está a desenvolver o programa de concertación, composto por enquisas a empresas turísticas, entrevistas a responsables municipais e mesas de traballo con representantes do sector público e do privado. Nesta liña, ata o xoves 3 de maio está aberta unha canle de participación específica para as empresas turísticas do ámbito de influenza da CMAT, no que se atopa o noso concello.

As empresas do sector que desexen participar na elaboración do Plan de Acción de Turismo da Costa da Morte poden facelo enviando a enquisa que atoparán nesta ligazón: https://goo.gl/forms/uKcPNVouxs8b88I12

Ligazóns

Compartir: