Inicio Carballo ao día Avisos Aberto ata o 4 de maio o prazo de...

Aberto ata o 4 de maio o prazo de inscrición para o 6º Día do Pequebasket

Venres 6 de abril do 2018

Xa está aberto o prazo de inscrición para a sexta edición do Día do Pequebasket, organizado pola Escola Basket Xiria coa colaboración do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

A entidade organizadora agarda reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión.

O prazo de inscrición rematará o día 4 de maio e as solicitudes tramítanse a través da Federación Galega de Baloncesto, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com. Tanto a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-+-info-DIA-PEQUEBASKET_2018_form.pdf) coma toda a información sobre o evento está dispoñible na páxina web www.diapequebasket.es.

Compartir: