Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello conmemora o Día das Letras...

CULTURA

O Concello conmemora o Día das Letras Galegas con varios actos

Martes 16 de maio do 2006

Ás 11,00 horas, tamén na Praza do Concello, terá lugar o XXVI Concurso Infantil de Pintura, que organiza a Asociación Cultural Lumieira, completando así os actos previstos para o 17 de maio. Por certo que este martes celébrase no CEIP Bergantiños o Festival das Letras Galegas, a partir das 15,45 horas. Xa pola mañá tivo lugar a primeira parte do festival, organizado pola Asociación Cultural Lecer. Tamén dentro do Programa das Letras 2006 terá lugar o xoves, 18 de maio, a entrega de premios do II Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores Concello de Carballo. Será no Pazo da Cultura a partir das 20,30 horas. As actividades programadas para celebrar a festividade das Letras Galegas continuarán até o vindeiro 28 de maio, con diferentes actos nos que se mesturan teatro, música e cultura.

Compartir: