Inicio Carballo ao día Avisos A comisión de festas de San Xoán...

A comisión de festas de San Xoán celebrará o 9 de xaneiro a súa primeira reunión, aberta a todas as persoas e colectivos interesados

Martes 2 de xaneiro do 2018

A concelleira de Festas realiza un convite expreso aos veciños e veciñas e, dun xeito especial, ás entidades de todo tipo para que se integren na comisión que organizará as celebracións de San Xoán do 2018. Mar Eirís destacou a importancia de contar cun equipo amplo e variado para que o programa responda ás expectativas dos diferentes públicos. 

As persoas interesadas só teñen que chamar ao Pazo da Cultura (981 704 300) e deixar os seus datos para poder ser convocadas para a primeira reunión, que se celebrará o vindeiro 9 de xaneiro.

Compartir: