Inicio Carballo ao día Avisos Aberto ata o 16 de xaneiro o prazo de...

Aberto ata o 16 de xaneiro o prazo de preinscrición para a campaña de esquí da Deputación da Coruña

Venres 29 de decembro do 2017

O Concello de Carballo dispón de 13 prazas para a Campaña de Esquí 2018, organizada pola Deputación da Coruña, que este ano se celebrará na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Poderán participar nenos e nenas nados/as nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007, e que estean empadroados no noso municipio. Os nenos e nenas de Carballo participarán na primeira quenda da campaña, do 2 ao 5 de febreiro.

O prazo de preinscrición está aberto ata o 16 de xaneiro. A cota de participación individual establecida pola Deputación é de 85,00 €. Ao final desta nova pode descargarse a ficha de solicitude, que debe presentarse, debidamente cumprimentada, no Concello de Carballo a través do Rexistro de Entrada. No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas realizarase un sorteo público para adxudicar as mesmas o xoves día 18 de xaneiro ás 20.00 horas na Casa do Concello. Terán preferencia os solicitantes que non participaran en ningunha campaña de esquí da Deputación.

Ligazóns

Descargas

Compartir: