Inicio Carballo ao día Hemeroteca Elixido o proxecto para a nova Escola Infantil...

SELECCIÓN

Elixido o proxecto para a nova Escola Infantil Municipal

Mércores 10 de maio do 2006

Ademáis do rexedor local, no proceso de selección, celebrado no Pazo da Cultura, participaron a concelleira de Muller, tres arquitectos, unha representante da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, o arquitecto municipal e a directora da gardería As Landras. Tamén estiveron presentes, con voz e sen voto, o secretario municipal e a directora do colexio Bergantiños, recinto no que se ubica a parcela de preto de 2000 metros na que se construirá a Escola Infantil. Ademáis, no prego de cláusulas administrativas do concurso prevíase a posibilidade de otorgar dous premios e outros tantos accésits. Estes últimos corresponderon ás propostas de Froebel e Nombrable, que recibirán 1.500 euros. Como finalistas do concurso quedaron Garabato, Ara 01, Pateza e YTP01.

Compartir: