Inicio Carballo ao día Avisos Recollida de convites para as próximas...

Recollida de convites para as próximas actividades con Apego do Concello de Carballo

Mércores 8 de novembro do 2017

Xa podes recoller o teu convite para a próxima actividade con Apego que organiza o Concello de Carballo, Viaxe a Sudamérica, un contacontos teatral de Trinketrinke que se celebrará o mércores 15 de novembro en dúas sesións, ás 17.00 e ás 18.30 horas, na Biblioteca Rego da Balsa.

Neste espectáculo, os ratos de Lonxedetodo acaban de volver dunha longa viaxe por América do Sur e Central. Un percorrido por Arxentina, México, Cuba, Venezuela e Brasil. Así dramatizarán algunhas das anécdotas máis divertidas da súa viaxe e darannos a coñecer autores e autoras da literatura infantil daquel continente  tanto en prosa como en verso, así como algunhas fermosas cancións do seu folclore.

Participación: máximo 60 nenos/as de 3-8 anos en cada unha das sesións, acompañados/as dunha persoa adulta. É necesario recoller convite, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa desde o 8 de novembro (repartiranse un máximo de 60 convites pola mañá, a partir das 10.30 h, e de 60 convites pola tarde, a partir das 16.00 h).
+Info: http://apego.gal/event/viaxe-sudamerica-contacontos-teatral-de-trinketrinke/

Así mesmo, a partir do venres 10 poderás recoller os convites para o concerto infantil da Banda dos Cueiros, previsto para o domingo 19 de novembro ás 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

É un concerto para nenas e nenos, desde bebés ata un chisco máis grandiños/as, dun grupo musical que naceu no seo do proxecto Espazo Lectura de Gondomar. Temas de composición propia, versións actuais de melodías xa clásicas, adaptacións musicais de contos e poemas da literatura infantil e xuvenil galega, reinterpretacións de cancións e ladaíñas da tradición oral… Unha festaza! 

Escoita aquí como soa: https://youtu.be/fgMzczda4Ag

Participación: público familiar (recomendado para nenos/as de máis de 1 ano). Recollida de convites, de balde, desde o 10 de novembro na Biblioteca Rego da Balsa (Necesitan convite tanto adultos/as como nenos/as. Máximo: 4 convites por persoa).
+Info: http://apego.gal/event/banda-dos-cueiros-en-concerto/

Compartir: