Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde recibiu ao Xiria de baloncesto, novo...

DEPORTES

O alcalde recibiu ao Xiria de baloncesto, novo equipo EBA

Martes 9 de maio do 2006

A sección de baloncesto de Xiria botou a andar na tempada 1984-85, coa inscrición dos equipos cadetes masculino e feminino na Federación Coruñesa de Baloncesto. O primeiro gran logro da sección chegou no ano 1995, coa consecución do ascenso á 2ª División Autonómica, ao que seguiu o campionato e ascenso a 1ª Autonómica. No ano 1997, o Xiria logra o terceiro posto na fase de ascenso á liga EBA. Coa consecución do ansiado ascenso o pasado domingo, logo de disputar catro fases de forma consecutiva nos últimos anos, o Xiria cumpre un sono e consolida a Carballo como un referente para a práctica do baloncesto.

Compartir: