Inicio Carballo ao día Novas O Forum Carballo acolle un Obradoiro de...

O Forum Carballo acolle un Obradoiro de interpretación dos recursos patrimoniais costeiros

O curso vai dirixido a persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, informadores turísticos, educadores ambientais e educadores en xeral

Martes 17 de outubro do 2017

Obradoiro de interpretación dos recursos patrimoniais costeiros

Dentro do Programa Carballo é Mar, financiado con fondos europeos, o Forum Carballo acolle, hoxe martes 17 de outubro e mañá, un Obradoiro de introdución á interpretación dos recursos patrimoniais costeiros. Co Concello e a Concellería de Turismo e Promoción Económica, organizadores do curso, colaboran o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), o GALP Costa da Morte, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea (FEMP).
O obradoiro presentouse nun breve acto antes do comenzo das clases ao que asistiron o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González; o docente, Jorge Morales, máxima autoridade española de interpretación do patrimonio; e representantes do CEIDA.

Obradoiro de interpretación dos recursos patrimoniais costeiros

“Este proxecto encaixa perfectamente nesa filosofía de dar valor engadido aos recursos costeiros da zona”, explico González. “O GALP Costa da Morte”, engadiu, “ten unha liña de axudas para financiar creacións de empresas relacionadas co mar e con actividades pesqueiras e mesmo con actividades de ocio vinculadas ao sector”.
Na mesma lina manifestouse Trigo, quen afirmou que “Carballo é un concello comprometido co turismo, comprometido cos seus recursos patrimoniais, coa súa costa, e para nós é un orgullo que proxectos como o de Carballo é mar estean funcionando tan ben como están a funcionar”.

Contidos

Co obxectivo de proporcionar os coñecementos e as ferramentas básicas de interpretación dos recursos patrimoniais e culturais da costa para acadar unha comunicación eficaz, o curso vai dirixido a persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, informadores turísticos, educadores ambientais e educadores en xeral (educación formal e non formal).
O curso desenvolverá os seguintes contidos:
-A interpretación do patrimonio para xerar actitudes nos visitantes.
-Obxectivos, definicións e principios da interpretación.
-Os tres piares que sustentan a interpretación: O recurso, os destinatarios e as técnicas.
-Recursos patrimoniais do medio costeiro.

Compartir: