Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo será sede dun curso de...

PROXIMITASPLUS

Carballo será sede dun curso de formación en enerxías renovables

Venres 28 de abril do 2006

O ProximitasPlus pretende contribuir con esta acción á xeración de emprego e proporcionar aos desempregados unha cualificación adecuada para atender á crecente demanda de profesionais para a instalación de enerxías renovables. O prazo de inscricións remata o día 20 de maio. Os interesados poden solicitar información e realizar a súa inscrición na 2ª planta do Concello, preguntando por Paula Lema, Técnica Local de Emprego, ou ben chamar ao teléfono 981700011, extensión 2217.

Compartir: